Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide coñecer o programa das festas patronais e do Naseiro

Viveiro, 3 de xullo, 2024. Cando falta un mes para o comenzo do calendario festivo de Viveiro no mes de agosto, nada se coñece do programa das festas patronais, e dos seus eventos mais emblemáticos: pregón, izado de bandeiras, pasarrúas, xigantes e cabezudos, verbenas na travesía, día dos nenos, sardiñada nas nogueiras, fogos de artificio, mostra folclórica, concerto de corais, concerto da banda municipal, feiras, exposicións, actividades deportivas, etc. Tampouco se coñece nada da habitual zona de atraccións e actividades para desfrute dos mais pequenos, que nos últimos anos se instalaba en Lodeiro.

O mesmo se pode dicir da festa de Naseiro, de interese turístico nacional, de grande arraigo familiar e de pandillas de rapazada, que congrega a milleiros de romeiros no val de Naseiro, uns de acampada e outros de mesa con mantel, nos días previos e posteriores ó cuarto domingo de agosto.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de Por Viveiro quere unha explicación por parte do equipo de goberno da programación prevista para as festas patronais e o Naseiro.

Exit mobile version