Os máis novos achegáronse na súa primeira semana a música a través da colaboración da Escola Municipal de Música “O Pallarego” onde Xulia Nogueira a través de clases didácticas e divertidas achegou a música aos mais pequenos.
Nesta semana os pícaros gozaron coñecendo como preservar o noso medio ambiente a través de talleres de reciclaxe, para poder dar unha segunda vida as cousas, saídas a natureza para coñecer a nosa contorna nas que realizaron un herbario. Ademais a concelleira de política social e muller achegoulles fichas didácticas e contos cedidos pola concesionaria Aqualia, para que os pequenos aprendan lendo e pintando un consumo responsable de auga e o mantemento dos nosos ríos e mares sen lixo .
Mª Ángeles Rodríguez Rico pensa que é preciso que os nenos aprendan gozando tanto da música como do coidado do medio. Esta programación enclávase dentro dun programa onde ademais de achegarlles a música e o respecto pola natureza, tamén adicarán unha xornada aos xogos olímpicos, onde practicarán diversos deportes, e ao mercado medieval. Con toda esta programación preténdese que os nenos valoren e se acheguen a todas as áreas sociais para que teñan unha vision global da sociedade e ó mesmo tempo gocen e comecen xa dende idade temperá a manter viva a tradición e participar activamente na vida da cidade.