Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños e veciñas continúan coas protestas pola falta de médicos no Centro de Saúde do Vicedo

O Vicedo, 23 de xullo, 2024. A falta de médicos en Atención Primaria, é un dos grandes problemas do SERGAS, según recoñecece dende hai anos a propia Xunta. O Goberno Galego dí que a culpa é do Goberno do Estado por non convocar suficientes prazas de formación MIR para novos médicos.

Mais os sindicatos, asociacións, colexios médico se persoal sanitario, coinciden en que faltan profesionais porque durante anos non se contrataron médicos suficientes, e moitos médicos novos acabaron abandonando Galicia, polo que agora é imposible cubrir a avalancha de xubilacións.

Os convocantes, que portarán pancartas e corearán “médicos no Vicedo xa”, aseguran que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, houbo días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas.

Tampouco lograron atención no pediatra en Viveiro. Afirman que o ambulatorio vicedense está “en colapso técnico” e reclaman un cambio de rumbo para que se cubran as dúas prazas de médicos con persoal fixo e que se garanta una atención de calidade, con un pediatra en Viveiro para os nenos de Ourol e do Vicedo.

O vindeiro domingo ás 13:30 horas, desde a Casa do Concello, parte a manifestación.

Exit mobile version