Para facer uso destes contedores hai que solicitar unha chave: por teléfono no 98259201; por e-mail medio.ambiente@xove.es; acudindo as oficinas do Concello, no Rexistro. O venres 12 de xullo, ás 20h, na aula de formación do Concello farase entrega da chave, dun contedor pequeno e dous paquetes de bolsas biodegradables a todos os inscritos que soliciten facer uso deste servizo. A entrega irá precedida dunha breve charla na que se explicará como é o seu uso, respondendo todas as dúbidas.