Site icon Crónica3.com A Mariña

Os bombeiros excarceran a un condutor ao quedar atrapado no seu vehículo logo de saírse da vía en Cospeito

Cospeito, 6 Xullo, 2024. O alertador que contactou co 112 Galicia para pedir axuda aseguraba que o vehículo, tras precipitarse por un pequeno desnivel, batera contra unhas árbores.

Ata o lugar, nada mais ser avisados polo 112, acudiron os Bombeiros de Vilalba, que excarceraron ao ferido e único ocupante do turismo.

O accidente ocorreu en Támoga, na LU-111, quilómetro 7, no concello lucense de Cospeito. A escasos minutos das 00:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia deste accidente. Segundo indicaba, o condutor debera sufrir unha saída de vía, o que provocou que o coche batera contra unhas árbores, tras desprazarse por un desnivel. Engadía ademais as dificultades de acceso ao vehículo accidentado para socorrer ao ferido.

Por iso, ademais de pasar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores de emerxencias informaron aos Bombeiros de Vilalba, que saíron decontado para o punto.

Así mesmo, foron informados os axentes de Tráfico e o persoal de mantemento da vía.

Exit mobile version