Viveiro, 8 de xullo, 2024. 2025 será un ano para o recordo. A 20ª edición do Resurrection Fest será unha homenaxe a estes 20 anos de historia da música e volverase vibrar no aniversario. A organización leva meses traballando nesta edición e repetirá a fin de semana habitual cun festival máis especial que nunca, a edición máis importante da historia: do 25 ao 28 de xuño.
Moi pronto xa estarán dispoñibles os primeiros abonos.
Vivir Resurrection Fest é moito máis que só música. Ademais de grandes concertos e artistas exclusivos, a maxia do Boulevard, e os infinitos circle pits e walls of death, tanto os máis fieis como os que decidan vivir por primeira vez esta experiencia gozará con todo o que estamos a preparar para o 20º Aniversario.
O ano que vén traerá moitas novidades e melloras. Grandes bandas, o mellor ambiente, amig@s, e por suposto, a mellor gastronomía e as praias de Viveiro.