Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vencello demanda o arranxo da estrada LU-P-1502 que comunica o núcleo urbano co cemiterio municipal, a área recreativa do Monte Castelo e co núcleo cervense de San Román

Burela, 5 de xullo, 2024. O Vencello demanda unha vez máis ao Concello que xestione diante da Deputación o arranxo da estrada LU-P-1502 que comunica o núcleo urbano co cemiterio municipal, a área recreativa do Monte Castelo e co núcleo cervense de San Román. Esta estrada -que comunica o noso núcleo urbano co cemiterio municipal, a área recreativa do Monte Castelo e co núcleo cervense de San Román- está a esmorecer sen que a Deputación (titular da vía) nin o Concello fagan nada por remediar o seu estado de semiabandono.

Nos últimos días as carencias desta estrada víronse notablemente agravadas debido a corta de madeira feita nos montes que a rodean e ás choivas, chegando a ser realmente arriscado circular por ela, debido ao estado das súas cunetas (cheas de maleza) e sobre todo á carencia de gardarraís nas súas zonas de desnivel, co conseguinte risco de que isto pode supoñer no caso de producirse un accidente.

Dende O Vencello levamos denunciando estas deficiencias diante da Deputación e Concello dende hai máis de catro anos (achegamos tamén copia do escrito enviado á Deputación en abril do 2020) sen que ninguén se molestara en tomar cartas no asunto, a excepción dalgunha limpeza das cunetas meramente testimoniais en tramos illados do percorrido.

Exit mobile version