As inscricións presenciais no evento, organizado xunto á SD Burela, serán o propio día 10 de xullo a partir das 19:00
As inscricións presenciais no evento serán o propio día 10 de xullo, mércores, a partir das 19:00, e a competición comezará ás 19:30. Haberá categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.
“Estamos encantados de recuperar un evento como o torneo de fútbol praia, que todos os membros da directiva da SD Burela desfrutamos cando eramos pequenos e que agora poderán volver a disfrutar os nenos e nenas de Burela”, sinala o presidente e xogador do club Jairo Campo.
Esta competición fai parte da programación deportiva de verán do Concello de Burela, que inclúe tamén torneos de fútbol 3×3, básket 3×3, o programa Verán Burela ou a Carreira Burelabonita.
A alcaldesa Carmela López destaca que “dende todas as áreas municipais se está a traballar nunha programación de verán para todos os gustos, que encha Burela de actividades de todo tipo”.
Por outra banda, o concelleiro de deportes, Carlos Méndez Pena, sinalou que “a recuperación deste tradicional evento servirá para seguir promocionando o deporte e un estilo de vida saudable entre a mocidade e toda a veciñanza”.