O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “hai uns días iniciamos os traballos de mantemento do terreo de xogo do Pepe Barrera. O empresa Xardín Senra é a encargada de facer a escarificación, semente e abonado do campo, tarefas para as que está a empregar 60 toneladas de materiais de primeiro nivel”.
Silvent sinala que “tras os últimos meses de xogo do Ribadeo FC, da SD Ribadeo e de todos os torneos celebrados no Pepe Barrera chegou a hora de poñelo a punto para a nova tempada, que arrincará xa o vindeiro mes de agosto coa celebración do Trofeo Emma Cuervo”.
O edil de Deportes engade que “Xardín Senra cooperará co Concello para manter en bo estado o campo do Pepe Barrera durante toda a temporada”.