A este acto tamén asistiu o Alcalde do municipio e Deputado de Recursos Sostibles da institución provincial, Francisco Cajoto, así como outros membros da corporación municipal e outras autoridades. Tras a misa realizouse a tradicional ofrenda floral e a procesión, que reuniu a centos de veciños e veciñas e visitantes. Ao igual que en anteriores edicións, a programación das Festas do Carme de Foz, que comezaron o pasado 13 de xullo e rematarán este mesmo mércores, inclúe unha ampla programación de actividades como actuacións musicais, inchables e obradoiros dirixidos aos cativos e cativas ou actuacións teatrais, entre outras moitas iniciativas.