Dende o Grupo Municipal do Partido Popular explican que esta renuncia débese a motivos estritamente persoais que lle dificultan compatibilizar coa axenda política
Vilalba, 12 de xullo de 2024. Patricia Teijeiro comunicou a súa intención de deixar a acta como concelleira do PP no Concello de Vilalba por motivos estritamente persoais que lle dificultan compatibilizar coa axenda política.
Os seus compañeiros do Grupo Municipal Popular no Concello de Vilalba queren agradecer todo o traballo realizado durante estes meses por esta compañeira na defensa dos intereses de Vilalba e dos vilalbeses.
Tamén destacan a xenerosidade amosada trala súa renuncia ante as dificultades amosadas para exercer as labores de concelleira como considera que merece o cargo.
A renuncia de Patricia Teijeiro á acta de concelleira será oficial no vindeiro pleno ordinario.
No seu lugar tomará posesión a seguinte integrante da lista electoral, Aida de Vicente Debasa.