Agora que o BNG se sumaba á proposta dos populares, o alcalde, ao quedarse só, decidiu de forma unilateral que non se chegue nin a votar a opción de aprazar a adxudicación
No anterior pleno no que levou este asunto, Cajoto admitiu que se votase a posibilidade de que quedase enriba da mesa porque contaba co apoio dos seus socios, pero agora que o BNG se sumaba á proposta dos populares, o alcalde, ao quedarse só, decidiu de forma unilateral que non se chegue nin a votar a opción de aprazar a adxudicación ata que se concrete canto vai a ter que pagar cada usuario.
“Son moitas as irregularidades de Cajoto e chegaremos ata o final para evitar este atropelo. Estamos dispostos a levalo ao contencioso-administrativo”, sinala Javier Castiñeira.
“Non é unha cuestión política, é unha cuestión de humanidade ante un atropelo ás familias e usuarios da Residencia. Cos votos do Partido Popular que non conten se iso vai a provocar que haxa usuarios que teñan que abandonar a Residencia de Maiores por non poder pagala”, finaliza o voceiro do PP de Foz.