Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP advirte de “falta de previsión” da alcaldesade Lourenzá por “non incluír un asunto importante no pleno de xullo e ter que convocar un extraordinario poucos días despois”

Os concelleiros populares afean que “a rexedora socialista esquecera un tema tan importante como é a renovación do convenio con outros Concellos e a solicitude de axuda para o Servizo de Atención Temperá”

Lourenzá, 31 de xullo de 2024. Os populares de Lourenzá insisten na “improvisación e falta de previsión” por parte do goberno municipal socialista. Os concelleiros do PP poñen como exemplo nesta ocasión a convocatoria dun pleno extraordinario “tan só catro días despois de celebrarse o pleno ordinario” -e que se celebraría pouco despois- por non ter incluído un asunto que debería estar aprobado a comezos de agosto.

“Se fixera unha boa xestión e fora previsora, a alcaldesa tería incluído entre os temas a tratar o pasado día 18 no pleno ordinario -os que se celebran regularmente de forma periódica- aqueles asuntos para os que uns días despois convocou outra vez o pleno”, explican.

Para os populares isto demostra “falta de traballo”, especialmente tendo en conta que “levan varios anos no goberno e deberían ser coñecedores de que hai convenios que se deben renovar periodicamente e solicitar subvencións en prazo, previa aprobación no pleno”.

Neste caso afean, ademais, que “esqueceran convenio de colaboración con outros Concellos para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá e a solicitude da subvención á administración autonómica” por tratarse dun servizo “moi importante”.

Os concelleiros do Partido Popular votaron a favor no pleno extraordinario deste martes 30 de xullo, “como non pode ser doutro xeito”, porque consideran positivo dispoñer nun entorno próximo deste tipo de servizo con terapias para nenos e nenas de menos de 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.

O portavoz, Roberto Díaz, subliña que “os pleno extraordinarios deberían celebrarse por motivos precisamente extraordinarios e non porque a alcaldesa esqueza algún tema que, ademais, é importante por tratarse dun servizo de carácter social”. Neste caso, “puido dárselle solución ao tema que cuestión; pero, noutras ocasións, deixar pasar os prazos pode resultar prexudicial para o Concello e tódolos laurentinos”.

Exit mobile version