Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pleno provincial reclama á Xunta que revirta os agrupamentos de cursos e recortes previsto nunha decena de centros do rural, a iniciativa do BNG

Iria Castro denunciou “a traición da Xunta á comunidade educativa”, incumprindo os acordos sobre ratios anunciados en precampaña electoral

Lugo, 30 de xullo de 2024. O Pleno da Deputación de Lugo reclama á Xunta de Galicia que revirta os agrupamentos de cursos de infantil e primaria que proxecta para o vindeiro curso nunha decena de centros educativos.

A iniciativa do BNG, e pese ao voto en contra do PP, o pleno provincial reclama á Consellería de Educación que respecte os ratios que estableceu e suspenda os agrupamentos e recortes de persoal previstos nos colexios da Fonsagrada, Alfoz, Baleira, Bóveda, Ribas de Sil, Sober, Bóveda ou Pantón, onde as ANPAS se están mobilizando para manter a calidade do ensino.

Na defensa da moción, a deputada Iria Castro denunciou “a mentira e traición do Partido Popular á comunidade educativa” , incumprindo “un acordo que ratificou con pomposidade en campaña preelectoral” e que impediría os agrupamentos de aulas de distinto nivel e mesmo ciclo con 14 alumnas e alumnas ou de aulas de distinto nivel e distinto ciclo con 12 alumnas e alumnos

A deputada lamentou que “os deputados provinciais do Partido Popular avalen o agrupamento de cursos de infantil e primaria, xuntando aulas que cumpren as ratios, como ocorre na Fonsagrada” e atribuíu a decisión da Xunta de Galicia “a unha estratexia para baleirar de servizos públicos o rural”.

A moción reclama tamén a Xunta de Galiza o reforzo de persoal docente nos centros que o precisen, priorizando os que teñen maior número de alumnado con Necesidades Educativas Especial, e o incremento do orzamento destinado á educación que, como lembrou a deputada no debate plenario, en Galicia é do 9.9 por cento do orzamento, 5 puntos por baixo da media estatal.

Canon de SOGAMA

O portavoz nacionalista Daniel García advertiu no Pleno provincial do propósito da Xunta de Galiza de “seguir subindo o recibo do lixo ” coa recente suba do canon de tratamento de residuos domésticos que SOGAMA cobra aos concellos polo servizo.

Nesa liña, denunciou que “a cidadanía que asumir os custes da mala xestión de Sogama, un modelo centralizado, obsoleto e contaminante, baseado na incineracion e no depósito en vertedoiro”.O deputada nacionalista expuxo o posicionamento do BNG no debate dunha moción que reclama á Xunta de Galicia a anulación desta suba, aprobada cos votos dos grupos do goberno provincial.

Exit mobile version