O alcalde, Dani Vega, subliñou que “o Plan Avanza Rural chegará nunha primeira fase a todas as parroquias da costa. Os traballos estanse realizando en estes momentos. Estamos actuando na parroquia de Vilaselán, tamén na de Piñeira e iremos chegando a cada unha delas”.
O rexedor sinalou que “o Plan Avanza Rural é un plan moi ambicioso, é un plan programado e que quere incidir en toda a rede das infraestruturas do noso concello. Nos camiños de terra, que levan moitísimos anos abandonados, e por iso estamos realizando un traballo con motoniveladora e eliminación de toda esa terra das cunetas, eliminase coa pala e retírase a un punto de almacenamento, e a partires de aí tamén se dotará a esas estradas, a esas pistas que están nun peor estado, de saburra”.
Vega dixo que “ese é un plan programado para actuar en todas as parroquias, evidentemente vai nos levar un tempiño, pero creo que programando, falando cos veciños e actuando nas que peor están, eu creo que é un plan moi importante, un plan que avanza Ribadeo, e desde logo vamos facer un traballo importante. Tamén actuaremos nas pistas forestais, pero nestes momentos estamos executando a primeira parte”.