Site icon Crónica3.com A Mariña

O peirao de San Cibrao acollerá este sábado unha exhbición de coches antigos

Participarán máis de medio cento de vehículos clásicos das décadas dos 60, 70 e 80

Cervo, 31 de xullo, 2024. No encontro, organizado por Autoclásico da Mariña Lucense coa colaboración do Concello de Cervo, tamén participará Santi Martínez, un experto neste mundo que conta cunha canle de youtube especializada, que asistirá co seu Citröen CX GTI

O Concello de Cervo ten na tardiña deste sábado, 3 de agosto, unha cita co mundo do motor. Así, de 18:30 a 19:30 horas, terá lugar unha exhibición de coches clásicos na zona do Peirao e na subida ao Faro, organizada por Autoclásico da Mariña Lucense, coa colaboración do Concello, na que participarán máis de medio cento de vehículos antigos das décadas dos 60, 70 e 80.

Na concentración tamén participará Santi Martínez, experto neste mundo que publica contidos na súa canle especializada de Youtube “Documentos del Motor”, e que asistirá á cita a bordo do seu Citröen CX GTI, un modelo que este ano celebra o seu 50 aniversario.

Como curiosidade, as persoas que se acheguen esa tarde ata o Peirao, poderán ver un Renault Gordini, coñecido como o coche das viúvas, porque tal e como contan, a súa inestabilidade nas curvas provocaba accidentes mortais, e as mulleres dos falecidos herdaban os coches.

Ou tamén se poderá ver un Simca Ariane, un modelo que tan só se fabricou nos anos 1965 e 1966.

Exit mobile version