Site icon Crónica3.com A Mariña

O festival Rumboia Viva reunirá a Mondra, Grande Amore ou Familia Caamagno en Abadín o sábado, 27 de xullo

Abadín, 19 de xullo de 2024. A deputada de Cultura Iria Castro participou este mediodía na presentación do festival Rumboia Viva, que se celebrará o vindeiro 27 de xullo na campo da feira de Gontán,en Abadín. A Asociación Xuvenil A Rumboia organiza o festival, que conta un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A responsable de Cultura valorou “a iniciativa da asociación, que puxo en marcha o festival o ano pasado e que este ano conta cun cartel moi atractivo, que reflicte a potencia das bandas e da música en galego“ e destacou “a sensibilidade que demostran procurando involucrar na organización á veciñanza e ao tecido económico e social do concello”.

Iria Castro remarcou que “nun contexto cun oferta de festivais moi ampla, para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é prioritario apoiar as propostas do tecido asociativo, que permite que a cultura e a música cheguen a todo o territorio”

No acto, participaron usuarias e usuarios do centro de día de Abadín, que se encargaron de facer, nos obradoiros de manualidades do centro, os elementos ornamentais que decorarán o recinto do festival.

Mondra, Grande Amore, Familia Caamagno, Lontreira, Yaya DJ, DJ Peabody e AC Andrade completan o cartel do festival, que contará tamén cun mercado de artesanía, -con postos de venda e obradoiros -, degustacións de produtos elaborados no concello e xogos tradicionais. Habilitarase tamén unha zona de acampada.

Exit mobile version