Puxeron en valor a relevancia dos fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos por parte das administracións locais; ademais de abordar distintas iniciativas que favorezan o impulso económico dos Concellos e ás que dará traslado o popular no Parlamento Europeo. Trala recente constitución da Eurocámara, Vázquez cumpre o seu compromiso de iniciar en Ribadeo a súa rolda de visitas aos municipios da provincia de Lugo. Dani Vega agradece o xesto e subliña que Ribadeo “é porta de entrada a Galicia, do Camiño Norte e tamén porta de entrada dende Europa”.
O eurodeputado Adrián Vázquez e o deputado nacional mariñán Jaime De Olano mantiveron un encontro en Ribadeo co alcalde, Dani Vega