Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este mércores na aldea das Aguias, no concello de Muras, na inauguración da exposición fotográfica A Malla de Pascual 1957

Esta mostra, que pode visitarse ata o 27 de outubro, exhibe unha serie de fotografías realizadas polo oftalmólogo e poeta galego, Antón Beiras, e amosa “un retrato magnífico do agro galego a cabalo de dúas décadas”, subliñou Carlos López. Na súa intervención o Deputado tamén destacou que “Antón Beiras é un exemplo dese conxunto de galeguistas ilustrados que entenderon de xeito transversal a loita pola nosa cultura”.

Exit mobile version