Arias repasou a marcha de proxectos que impulsa o Goberno galego neste municipio, como a mellora do saneamento, que mobilizará 13 M€ entre as obras do colector xeral e da estación de bombeo – xa adxudicadas – e a proposta do convenio coa entidade local para executar a nova depuradora. Destacou ademais a cooperación co Concello para mellorar infraestruturas municipais e referiuse a algunhas das colaboracións máis recentes, como a concesión de 51.000 euros a través do programa de axudas para embelecemento do litoral co fin de incrementar a accesibilidade na praia do Portelo e reforzar a presenza de Burela na web.