A emisión estará encadrada no programa Cine na Rúa, que tamén inclúe a proxección de diversas películas ao longo dos meses de xullo e agosto
Haberá unha presentación do equipo participante, e a continuación terá lugar a emisión do programa ás 22:05 en pantalla grande. Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa.
Dende o Concello animan a veciñanza a asistir vestida de azul para animar ao equipo, que se enfrontará ao da vila madrileña de Morata de Tajuña.
A alcaldesa Carmela López, convida “a todas as veciñas e veciños a encher a praza do Concello para mandarlles todas as nosas forzas ao noso equipo, que de seguro porá o nome de Burela en boca de toda España”.
A emisión estará encadrada no programa Cine na Rúa, que tamén inclúe a proxección de diversas películas ao longo dos meses de xullo e agosto. Este venres, 12 de xullo, ás 22:30, proxectarase na praza da Mariña o filme ‘As Neves’.