Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove organiza un programa de rutas guiadas ao longo da tempada de verán

Xove, 7 de xullo, 2024. O Concello de Xove organiza un programa de rutas guiadas ao longo da tempada de verán. As actividades teñen como obxetivo mostrar distintos lugares de interese da localidade e interpretar o patrimonio cultural, a natureza e a paisaxe de Xove.

Nesta edición de 2024 as fechas de celebración e os percorridos serán os seguintes:

Venres 19 de xullo. Esteiro de Xove, moito máis que unha praia.

Sábado 27 de xullo. San Tirso de Portocelo, un enclave único.

Venres 2 de agosto. Os cantís de papel de Morás.

Xoves 29 de agosto. O encanto dos muiños da Rigueira.

O comezo das rutas será ás 10h e terán unha duración de 3h aproximadamente.

As actividades serán gratuitas e é necesaria reserva previa.

Para consultar información adicional e reservas poden contactar co correo electrónico rutasgalicanorte@gmail.com e por whatssap ou chamada ao 634 631 461.

Ademáis nas oficinas de Turismo de Xove e outros establecementos do municipio e de A Mariña encontrarán o cartel das rutas con un código QR para descargar o documento cos datos específicos da ruta.

Exit mobile version