Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo procedeu a limpar estradas de titularidade provincial ante “o abandono da Deputación”

Ribadeo, 3 de xullo de 2024. O Concello de Ribadeo procedeu a limpar estradas de titularidade provincial ante o abandono da Deputación de Lugo.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, confirmou que “desde o Concello de Ribadeo estamos procedendo a desbrozar as estradas da Deputación ao seu paso polo noso municipio porque están totalmente abandonadas. Vímonos na obriga de actuar por motivos de seguridade e ante o estado de abandono que presentan eses vieiros”.

O edil ribadense contou que “xa actuamos en Santalla, en Cedofeita, en Arante e tamén na Devesa, así como nas estradas das praias, que tamén son da Deputación”.

Dos Santos sinalou: “consideramos que antes da chegada da tempada alta as estradas deben estar en perfecto estado para o seu uso por parte das veciñas e dos veciños de Ribadeo e tamén dos milleiros de visitantes que recibiremos ao longo destas semanas. A seguridade é o máis importante, pero a imaxe que ofrezamos de Ribadeo tamén e as estradas non poden estar invadidas pola maleza, de aí que desde o Concello de Ribadeo decidiramos tomar medidas”.

Exit mobile version