Ribadeo, 29 de xullo de 2024. O Concello procede estes días ao lavados dos contedores e das isletas nas que está colocados.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “xa actuamos estes días en toda a vila, nas zonas dos cámpings e tamén en Rinlo. Lavamos todos os contedores e limpamos todas as isletas e as bases nas que se atopan colocados, así como os cubrecontedores. Tamén procedemos a cambiar todo aquel material que se atopaba deteriorado”.
O edil ribadense subliña que “actuamos tamén na área recreativa de Santa Cruz, que conta con 4 novas bases para os contedores, co obxectivo de ter esa zona completamente preparada para a Xira, que se vai celebrar o vindeiro domingo, 4 de agosto”.
Dos Santos engade que “o traballo continúa e o lavado dos contedores vaise estender estes vindeiros días por toda a zona rural do noso concello”.