En total máis de 100 persoas formaron parte da expedición –entre alumnado, docentes e familias- que desfrutaron dunha divertida xornada de convivencia na Granxa do Souto, en Mera. A comitiva pasou a mañá coñecendo a granxa e aos seus animais e gozou dun xantar ao aire libre. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos, nenos, familias e persoal docente; e o mellor broche de ouro para esta tempada da Escola Infantil; un encontro que ademais serviu para fortalecer eses lazos de amizade entre os nenos fóra da súa tradicional contorna; experimentando novas actividades das que gozaron todos moitísimo.