O programa televisivo, que conta coa participación de Burela, sumarase ás numerosas películas programadas como parte do ciclo Cine na Rúa en xullo e agosto
Esta iniciativa consiste na proxección de películas de balde en diferentes prazas do municipio ao longo dos meses de xullo e agosto. As proxeccións terán lugar en varios venres destes meses, sempre ás 22:30.
A programación comezará este venres, día 5 de xullo, na praza da Mariña, con ‘El Gato con Botas: El último deseo’. Seguiranlle filmes como ‘As Neves’ e ‘La Sirenita’ nos venres seguintes de xullo.
En agosto será a quenda de ‘Persiguiendo Mavericks’ o día 23 e de ‘Campeones’ o día 30. Confórmase deste xeito unha programación na que están contempladas películas de todo tipo, incluíndo as familiares, en galego, e mesmo un día adicado ao surf.
Aínda non se coñece a data de emisión do Grand Prix, pero esta será nunha pantalla grande na praza do Concello para que toda a veciñanza poida seguir ao equipo do municipio. Anímase a asistir con vestimenta azul.