Participan un total de 11 rapaces e rapazas. Entre as actividades programadas están as clases coa profesora de danza moderna Lucía Álvarez, quen xa comezou a traballar co alumado. Coma en edicións anteriores, este grupo de rapaces ofrecerá unha gala concerto a principios de setembro, na cal mostrarán todo o traballo realizado nestes meses.