María Fernández recriminalle á Xunta de Galiza que siga sen atender as demandas da veciñanza da montaña lucense
Ademais denuncian tamén que Negueira de Muñiz xa quedou sen nigún médico “O parche” que puxo a Xunta de Galiza durante 2 meses chegou ata aquí, agora xa non teñen ningún médico
“Só estamos reclamando o que o que había, nin máis nin menos”, recordou Fernández e tamén reclamamos as “medidas estruturais necesarias no centro de saúde para que se poidan prestar nel os servizos de radioloxía e fisioterapia, evitando deste xeito o desprazamento da veciñanza a outros municipios. “
Seguiremos movilizandonos porque “se esta é a galicia que funciona apaga e vamonos, non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta tén que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por eso non lle imos ao PP ningún ataque máis a atención primaria nos nosos concellos”
“O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”concluíu María Fernández