Os nacionalistas abstivéronse na votación do pleno extraordinario celebrado este luns ás 9 da mañá
Dos 17.505.742,26 euros que había nas arcas municipais hai un ano, cóntase na actualidade con 13.453.446,2 euros. “Sempre defendimos que había que facer uso do remanente pero un uso planificado, responsable e garante da mellora de servizos da totalidade dos veciños e veciñas. Non para obras illadas e de carácter electoralista” afirma Vázquez. “Ademáis tendo en conta que Alcoa non está cumprindo coas súas obrigas fiscais co concello, preocúpanos que o goberno non se estea axustando á realidade orzamentaria”.
Dentro dos 15 puntos aprobados, unha das partidas máis importantes foi a destinada ao arranxo de pistas forestáis que ascendeu a 60.000 euros. Os nacionalistas consideran que non sería preciso destinar tal cantidade se o goberno municipal exercera as súas competencias e esixira á industria forestal deixar en bo estado as pistas despois de cada traballo, como dicta a normativa municipal.