“Cremos que a contratación dunha empresa especializada anunciada esta semana chega tarde, e amosa unha vez máis a improvisación e a falta de criterio deste goberno: só a escasos días da celebración do Emma Cuervo comezan os traballos de recuperación do campo”.
“En varias ocasións temos preguntado no pleno quen se encargaba do mantemento do Pepe Barrera e con que criterio, e o alcalde Dani Vega respostou de todas as formas posibles: primeiro con evasivas; asegurou, despois, que unha empresa privada da que non deu datos nin se tivo coñecemento, e rematou dicindo que serían operarios do propio concello os que se encargarían destes traballos”.
“Estamos afeitos aos cambios de rumbo nos pareceres do alcalde, pero fartos de que os mesmos traian consecuencias negativas para Ribadeo e as súas instalacións municipais”.