Esta exposición, promovida por Suministros Lar está composta por nove pezas decoradas por ambas caras e estará instalada durante todo un ano para desfrute de veciños e visitantes.
A mostra pertence á novena edición do “Concurso de Murales de Azulejo Lar”, no que participan estudantes de secundaria e persoas usuarias das asociacións Apem e Aspabe que desde o 2006 que se puxo en marcha tivo moita aceptación, explorando cada ano diferentes temáticas co obxectivo de dar una nova vida á cerámica coa súa reciclaxe e así concienciar sobre la importancia de protexer o medioambiente.
Neste caso, son nove os naufraxios protagonistas : O City of Agra (afundido en Arou, Camariñas), A Bayonnaise (Fisterra), O Serpent (Trece, Camariñas), Mount Parnes (Corcubión), San Jerónimo (faro Cee), Ambaca (Touriñán, Muxía), Brigneti (Vilán, Camariñas), The Great Liverpool (Gures, Cee) e Mina Sorriego (Muxía).