Valoraranse novas ubicación para extender o feiral e facer mais seguro o transito de persoas, quedará prohibida a colocación de postos nas rúas Andrés Baamonde, Progreso, Guevara e Bispo Sarmiento. Elaborarase normativa para a colocación de postos e atraccións donde será preciso presentar, altas seguridade social, número de metros do posto e autorización expresa do Concello e da Asociación para poder colocarse esta deberá estar visible en todo momento. Os postos marcaranse a zona lateral de ocupación e frontal eliminando en algunhos casos por seguridade as furgonetas colocadas detrás.
Neste senso abrirase a inscrición para o feiral a partir do 10 de setembro e rematará o 5 de outubro, para facilitar a xestión dos postos e as medidas de coordinación para a seguridade dando traslado de todas as ubicacións a Xunta de Seguridade que se celebra cada ano con motivo das Feiras e Festas das San Lucas.
O presidente das San Lucas “valora positivamente a realización destas reunións e o apoio de todas as institucións así como das Forzas de seguridade e de todos os traballadores do Concello de Mondoñedo para facer máis fácil a súa labor altruísta”.
Por outro lado o alcalde do concello de Mondoñedo “agradece a labor das Asociacións e a súa implicación no desenrolo da actividade cultural da cidade xa que sen elas non sería posible realizar estos eventos; dos fallos e onde máis se aprende e desexamos que tantos visitantes como os veciños podan desfrutar das mellores feiras e festas as San Lucas”.