Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro amosa preocupación pola situación do centro de saúde, “sen citas xa para atención primaria ata agosto”

“É un grave risco para a saúde dos veciños e unha irresponsabilidade por parte da Consellería de Sanidade da Xunta”, sostén a alcaldesa

Viveiro, 11 de xullo de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, amosou hoxe “a miña preocupación pola situación do noso centro de saúde, no que xa é imposible obter ata agosto unha cita para atención primaria”.

“En verán, ademais, increméntase moito a poboación polas persoas que nos visitan, é un grave risco para a saúde dos veciños e unha irresponsabilidade por parte da Consellería de Sanidade da Xunta”, sostén Loureiro.

A alcaldesa pregúntase “que máis podemos facer, xa que desgrazadamente non é unha situación nova, desde o concello reclamamos en moitas ocasións á Consellería de Sanidade da Xunta unha solución urxente que non chega”.

Ademais das demoras en atención primaria polas xubilacións sen cubrir, as vacacións e as baixas, hai tamén problemas continuos no servizo de pediatría.

“A Xunta ten que actuar de forma urxente, Viveiro non é un concello de segunda e a situación é moi grave”, remata.

Exit mobile version