Alfoz, 15 de xullo de 2024. Este domingo a Asociación Veciñal de Mor celebrou a tradicional Comida do Carme en Mor, Alfoz. O evento reuniu a máis de 200 persoas tanto da parroquia como doutros concellos, nun día cheo de actividades e boa compañía.
A xornada comezou coa misa na honra á Virxe do Carme, seguida dunha animada sesión vermú que deu paso á comida cun menú composto de paella e costela asada.
Despois do xantar, a festa continuou cunha animada sesión de tarde a cargo do dúo Epo-k. Os máis pequenos tamén tiveron o seu espazo de diversión, gozando de inchables, pintacaras e globoflexia, actividades pensadas para garantir un día inesquecible para todas e todos.
A directiva da Asociación Veciñal de Mor, presidida por Romina Lorenzo, quere expresar “o agradecemento á veciñanza pola súa participación e apoio, xa que son fundamentais para que o día fora un éxito”. Ademais, invitan a todos e todas a acudir o vindeiro martes 16 de xullo á sesión vermú co grupo Rebolaxe.