Site icon Crónica3.com A Mariña

Julio López Quiroga será o pregoeiro da XXXVIII Feira do Bonito

Burela, 13 de xullo, 2024. Os meses de xullo e agosto son abondosos en festas e romerías por toda Galicia, non quedando vila nen cidade sen o seu acontecemento.

No verán da Mariña de Lugo destaca, gastronómicamente, a Feira do Bonito de Burela que a falta de pequenos detalles ten o programa de actividades pechado. Arte, deporte e música serán o complemento perfecto a dúas xornadas gastronómicas adicadas a ensalzar o Bonito de Burela, o Príncipe Azul do Cantábrico.

E non só o produto en sí, senon tamén un modo de vida e a historia da flota boniteira de Burela; así o pensou a persoa que será o pregoeiro desta XXXVIII Feira do Bonito: Julio López Quiroga, quen se define a si mesmo como “un namorado do seu pobo e sempre, sempre, formalmente informal”

Julio, nun intenso traballo de campo, recopilou datos para recordar; o seu amigo e socio Santiago Martínez, cociñeiro e profesor da materia, complementou ese traballo con saborosas receitas; e xuntos cociñaron un libro que se degusta páxina a páxina.

PARA BONITO EU / PARA BONITO YO, será presentado ao público en Produart o dia 2 de agosto, e estará dispoñible para a sua compra nos días da Feira. Como ben sabedes Produart comparte espazo e datas de celebración coa Feira do Bonito (un día máis), está adicada aos produtos ecolóxicos e artesanos e está organizada pola Fundación Expomar.

Dende Ledicia “sentímonos moi agradecidos porque os autores pensasen en nós como escaparate do libro, e así como Julio (O carrocho) vai ser o pregoeiro, Santiago (Santi do PubTotal) vai colaborar coa organización na elaboración dunha tapa que se poderá degustar o domingo, ao igual que o marmitako”.

Exit mobile version