O Centro Comarcal de Viveiro acolleu esta cita que contou coa presencia de adegueiros e sumillers que deron a coñecer viños co selo da IXP a hostaleiros e hostaleiras de Viveiro. As accións promocionais continuarán cunha cata en Barreiros o 12 de xullo.