Espazos habitados é o título elixido para a exposición que é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Cibrao. Son cadros que resistindo a 15 mudanzas e reubicacións mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos.