Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celébrase no Barqueiro a Andaina Solidaria de Nordés a favor da infancia de Gaza

Mañón, 18 de xullo, 2024. Este sábado 20 de xullo celebrarase en O Barqueiro (Mañón) a I Andaina Solidaria organizada pola asociación Nordés en colaboración co Concello de Mañón.

O recadado polas inscricións, tanto de camiñantes como polo “Dorsal 0”, será íntegramente doado a unha ONG ou institución que desenvolva a súa actividade a prol da infancia da Franxa de Gaza,

Na procura de facilitar a participación, a inscricións poderanse facer ata uns minutos antes da saída aínda que nun principio estaba marcado o venres 19 como último día para facer este trámite. Recordamos que as aportacións pola inscricións son de 15€ adultos e 10€ para os menores de idade.

A Andaina terá punto de saída e chegada na Praza do Mesón do Barqueiro, sendo a hora prevista de inicio as 10 da mañá, cun percorrido circular de 5 kms de dificultade media-baixa. Previiamente farase o reparto dos dorsais e dunha bolsa agasallo do concello, polo que se solicita ás persoas inscritas, así coma ás que se queren apuntar a última hora, estén presentes na praza con tempo dabondo para que se poda cumprir o horario previsto.

Exit mobile version