Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celebrouse o V Torneo de Tenis de Mesa Concello de Cervo

Cervo, 29 de xullo, 2024. Este sábado celebrouse o V Torneo de Tenis de Mesa Concello de Cervo, no Pavillón da Veiga, da man do Club deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello.

En total foron 56 os participantes procedentes de toda Galicia, Asturias, Madrid, Castela a Mancha, Portugal e Xénova, coa seguinte clasificación:

1º Braulio Gayoso (CTM Toledo)
2º Luis Azevedo (Breogan Oleiros TM)
3º Eugenio Alonso (CD San Ciprián)
3º Ricardo Ferreiro (CTM Milagrosa)

A muller con maior puntuación foi Jaqi Guo Cheng (Club De Mar TM) e os participantes máis novos foron
Jiaming Guo Cheng de 8 anos e Iker Azevedo de 7 anos.

Entregaron os trofeos a alcaldesa, Dolores García Caramés, e os concelleiros Alfredo Fernández e Adrián Arías.

Exit mobile version