Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celébrase a Feira de Artesanía dos Muiños de Mondoñedo

A inaguración será ás 11h e o pregón ás 12:30h a cargo de Dna. Paula Cabaleiro

Mondoñedo, 26 de xullo de 2024. O Barrio dos Muíños de Mondoñedo acollerá nas súas prazas e rúas unha nova edición da súa feira de artesanía á que asistirán multitude artesáns a expoñer e vender os seus produtos.

A feira, que arrancará ás 11h, estenderase ata as 21h e contará con demostracións de oficios durante toda a xornada: olería, fiado, coiro, percusión, tear, cartón-pedra, etc.

O pregón da feira, que se celebrará ás 12:30h, correrá a cargo de Dna Paula Cabaleiro, Xestora cultural e comisaria de arte, Membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e Coordinadora da Comisión de Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega.

A feira de artesanía está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo e con ela colaboran o Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia a través de Artesanía de Galicia e A Taberna do Valeco.

Organización e colaboradores queren convidar a veciños e visitantes a asistir a esta feira de artesanía que exalta os nosos produtos.

Exit mobile version