Barreiros, 19 de xullo de 2024. O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo consolidado que segue medrando ano a ano como así o demostran as máis de 150 persoas inscritas para esta edición.
O evento deportivo está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares MáisKmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros.
O concelleiro de dinamización, Dani García, sinala que “o feito de estar no marco do circuíto máiskmsbarreiros dálles ás probas que se celebran no municipio un carácter uniforme pero sempre respectando as peculiaridades da cada unha”.
As competicións darán comezo ás 11:00 horas co Trail infantil que terá lugar no cumio do monte Comado. Logo, ás 11:30 horas, dará comezo a carreira absoluta coa saída na praia de Arealonga e meta no alto do monte Comado. A distancia desta carreira é de 4 km, salvando un desnivel positivo de aproximadamente 500 metros.
O edil lembra que “a través da participación nas mesmas, os e as atletas participantes sumarán puntos segundo o posto acadado e poderán optar aos 1000€ en premios que se entregarán na gala final de premiación”.
García destacou que “este circuíto de carreiras populares non só fomenta a práctica deportiva e a vida saudable, senón que tamén crea un senso de comunidade entre as persoas participantes que compiten e se motivan mutuamente para mellorar en cada proba”.
Tras dúas probas disputadas, a clasificación do circuíto “maiskmsbarreiros” marcha do seguinte xeito:
Clasificación absoluta feminina:
1ª Lorena Iglesia Vila – 415 Puntos
2ª Silvia Diez Bermúdez – 367 Puntos
3ª Soniña Corral F. – 363 Puntos
Clasificación absoluta masculina:
1º Alberto Arias Freije – 500 Puntos
2º Adrián Vijande López – 440 Puntos
3º Carlos Fernández Sánchez – 367 Puntos
Clasificacións infantís:
1ª SUB-10 F Mara Krüger Mosquera – 500 Puntos
1º SUB-10 M Daniel López Fernández – 440 Puntos
1ª SUB-12 F Daniela de la Plaza Calvo – 470 Puntos
1º SUB-12 M Jonathan León Hernando – 500 Puntos
1ª SUB-14 F Xiana Farias Novoa – 440 Puntos
1º SUB-14 M Pedro Moirón Soto – 500 Puntos
1ª SUB-16 F Sara Samrawit Otero Gutiérrez – 470 Puntos
1º SUB-16 M Nacho Villoria Amieiro – 250 Puntos
Clasificación por colexios
1º Colexio Sagrado Corazón de Xesús (Ribadeo) 15 Puntos
2º CEIP Juan Rey (Lourenzá) 10 Puntos
3º CEIP Península de la Paz (San Cibrao) 8 Puntos
4º CEIP As Meredes (Lugo) 6 Puntos
Clasificación por equipos
1º Os Comadistas – 1370 Puntos
2º Club Atletismo Lourenzá – 1273 Puntos
3º Ría de Foz – 1145 Puntos
4º Club Atletismo Ribadeo – 699 Puntos
Para máis información sobre esta carreira e o circuíto en xeral, poden visitar a web www.maiskmsbarreiros.gal.