Site icon Crónica3.com A Mariña

Escourido verá mellorados os viais de Riquián e a estrada da Abrela cun investimento de 85.757,35€

Viveiro, 10 de xullo de 2024. O lugar de Escourido, na parroquia viveirense de Covas, verá mellorados os viais de Riquián e a Estrada da Abrela cun investimento de 85.757,35€.

A tenenta de alcaldesa Miriam Bermúdez explica que “co desenvolvemento deste plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, o Concello poderá acometer a mellora do firme dun vial municipal que dá acceso a numerosas parcelas da parroquia, facéndoos máis utilizables”.

“Viveiro posúe una ampla extensión de terreo destinada ao mundo rural, e, de feito, a maior parte das súas parroquias atópanse dentro deste ámbito, con numerosos asentamientos de poboación, polo que a mellora das súas infraestruturas é unha das nosas prioridades”, sinala Bermúdez.

Ademais, a tenenta de alcaldesa destaca que a reparación deste vial “permitirá ter unha vía alternativa á estreita estrada da Abrela, quedando pendente un estudo posterior para reorganizar os sentidos dos viais e así evitar encontros de vehículos en zonas tan estreitas, nas que se teñen dado incidentes no pasado”.

“Con actuacións como estas queremos poñer en valor o rural de Viveiro e a xente que vive nel, renovando e ampliando os servizos dos que dispoñen”, subliña Bermúdez. “Neste caso tamén se fará unha canalización importate de un regatos que anegaban unha zona do vial”, engade.

Parte dos fondos investidos provén da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Exit mobile version