Viveiro, 26 de xullo de 2024. A parroquia de Galdo, no Concello de Viveiro, contará con 27 novas suxeicións para os colectores de lixo, grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental.
“Escolleuse Galdo por ser a parroquia que menos suxeicións deste tipo ten”, explica Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente do Concello de Viveiro.
“Con estas novas suxeicións, contribuiremos a mellorar o servizo e a separación de fraccións no rural á hora de reciclar”, engade.
Ademais, estas suxeicións mellorarán a estética das ubicacións e evitarán o desprazamento dos contedores en días de vento.
Parte dos fondos investidos provén da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.