Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel García valorou o traballo da asociación Catro Caños para organizar a senda edición do Vendaval Fest, que conta co apoio daVicepresidencia

Ribadeo, 26 de xullo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse este venres ao Vendaval Fest, que se está a celebrar durante a fin de semana en Ribadeo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.

A área de Mocidade, que tamén colaborará na primeira edición do festival, mantén o apoio á iniciativa da asociación Catro Caños, para contribuír a consolidar esta cita musical na axenda do verán.

Daniel García valorou “o traballo do colectivo ribadense para organizar esta segunda edición” e sinalou que para a Vicepresidencia da Deputación é unha prioridade “dar apoio ás iniciativas que parten do tecido asociativo, porque entendemos que a fortaleza do asociacionismo é fundamental para o dinamismo cultural e social”

Tamén vinculou a colaboración co Vendaval Fest co obxectivo de reforzarva presenza das bandas galegas ou da música en galego nos carteis dosvfestivais. “Cremos que é importante aproveitar este crecemento dosvfestivais para que iso supoña máis oportunidades tamén para a música envgalego. E para a normalizacion do galego nos espazos de socializacion da mocidade”.

Familia Caamagno, Superglú ou os ribadenses Remakers sin parte do cartel do festival, que conta tamén con destacadas bandas do panorama estatal como O’Funkillo e La Fuga. Ademais de música, o Vendaval Fest conta cun mercado, foodtrucks e un espazo de acampada acondicionado para os
asistentes.

Exit mobile version