Site icon Crónica3.com A Mariña

Cunha actuación no Campo de San Francisco de Ribadeo rematou o XII Curso de Jazz e Música Moderna

Ribadeo, 9 de xullo de 2024. Ribadeo acolleu do 5 ao 7 de xullo o XII Curso de Jazz e Música Moderna, que organizou a asociación cultural Bruar.

Desenvolveuse na Escola Municipal de Música e Danza e contou coa participación como docentes de Hansel Luis Díez (vento), Alberto Conde (piano), Carmen Rey (voz), Kin García (contrabaixo e guitarra) e Manuel Molina (batería).

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, felicitounos “pola iniciativa e constancia e queremos dicirlles que o Concello de Ribadeo sempre respaldará estas xornadas de formación”.

O Curso de Jazz e Música Moderna rematou cunha actuación no Campo de San Francisco.

Exit mobile version