A xuntanza servirá para establecer unhas pautas de traballo conxunto entre as persoas alimentadoras, a protectora e Concello, de cara a conseguir mellores resultados e un maior control sobre as colonias.
Terá lugar no salón de plenos do Concello ás 20:00, e nela abordaranse temas como a alimentación e refuxio dos gatos, estratexias de control e xestión das colonias e a realización dun censo real e actualizado dos animais.
Tamén se tratarán as demandas das persoas alimentadoras das colonias ou a convivencia coa comunidade. e se porá todo en común de cara a planificar unha xestión colectiva.
A alcaldesa de Burela e responsable da Área de Medio Ambiente, Carmela López, destaca “a importancia de coidar aos animais ao tempo que se mantén a vila en condicións óptimas de limpeza e estética para todos e todas”.