Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro venres 2 de agosto a conferencia “Pardo de Cela e o pazo da Rigueira de Ferrol (Xove)” a cargo do profesor Antón Meilán García. O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20.00h. Antón Meilán compartirá connosco a súa ampla investigación sobre Pardo de Cela. Ademais de contextualizar historicamente a figura do Mariscal, falará sobre a importancia que tivo o pazo da Rigueira na súa vida para concluír cunha reflexión sobre o personaxe Pardo de Cela como mito na actualidade.
Conferencia sobre Pardo de Cela e o Pazo da Rigueira
Conferencia sobre Pardo de Cela e o Pazo da Rigueira
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
Programación do Concello de Xove co gallo do 25N