O alcalde, Daniel Vega, anunciou que “este sábado ás 12 da mañá imos renderlle unha homenaxe a todos os patróns maiores da Confraría de Pescadores de Ribadeo. A Confraría e Concello encargáronse deste traballo a través dunha comisión organizadora, á que lle damos as grazas por todo o traballo que fixo ata o de agora”.
O rexedor explicou que “o sábado queremos renderlle esa homenaxe merecida. Tamén trasladar un agradecemento a tantas persoas que deron tanto por un sector como o pesqueiro, que tamén traballaron a prol de Ribadeo e en defensa dos intereses xerais. Agradecemento e recoñecemento a cada un deles: a José Ramos, a José López, a Antonio Pérez, a Secundino Balsa, a José Domingo Rajal, a Domingo Fernández, a Celia Pacio, a José Luis García, a José Angel Redondo e ao actual patrón maior Javier Martínez”.
Vega dixo que “desde o Concello e desde a Confraría de Pescadores queremos trasladar ese agradecemento, queremos facer tamén esa homenaxe con motivo da celebración das festas do Carme. Imos descubrir unha placa co seu nome e a creación dun mural que foi realizado por Joseba”.
O alcalde considera que “é bo dar as grazas e bo recoñecer o traballo. E hai unha frase que o explica todo: é de ben nacido ser agradecido”.
O acto desenvolverase na Confraría de Pescadores de Ribadeo.