Site icon Crónica3.com A Mariña

Con merenda campestre, degustación do saboroso chocolate Moreno, xogos populares e co concerto Ambos mundos de Roi Casal, así remataban en Pedro Murias, en Vilaframil, as vésperas e as antevésperas do Ribadeo Indiano 2024

Ata alí se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura, Turismo e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Elena Sierra. A vila prepárase para retornar ao pasado e render homenaxe á emigración do 12 ao 14 de xullo. Por diante queda unha semana para engalanar Ribadeo e para ultimar detalles.

Exit mobile version