Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron en Foz as obras para mellorar o parque infantil da rúa Julia Minguillón

Foz, 9 de xullo de 2024. O Concello de Foz empezou as obras para mellorar o parque infantil da rúa Julia Minguillón, traballos que foron visitados polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Fernández. Seguidamente serán renovados tamén os de Marzán e Cú do Castro, en Llas.

O rexedor municipal explica que “grazas ao financiamento da Deputación de Lugo imos renovar tres parques infantís: os de Julia Minguillón, Marzán e Cú do Castro, en Llas. A mellora do parque de Julia Minguillón, de 250 metros cadrados, está orzamentada en 63.000 euros e inclúe a substitución do chan de losetas por un pavimento continuo encapsulado de cores, no que se van a dispoñer entre outros xogos dúas estruturas con tobogáns, randeeiras e resortes. E os parques de Marzán -125 metros cadrados- e Cú do Castro, en Llas -153 metros cadrados- recibirán uns investimentos de 32.000 e 25.000 euros respectivamente e inclúen tamén a disposición de novos chans de pavimento continuo encapsulado e novos xogos e estruturas”.

Fran Cajoto destaca: “seguimos traballando co obxectivo claro de crear entornos seguros e mellorar os espazos públicos da nosa vila e de todo o concello”.

Exit mobile version